facer Merzbau non ou posible?


Translittera "Novas Formas de Expresión Poética"
E aquí estabamos participando neste proxecto Elaborado e Coordinado por Rafa Xaneiro, no que colaboraron o                      Consello da Cultura Galega, Fundación Wenceslao Fernández Flórez, Fundación, Eugenio Granell, Fundación Laxeiro, Fundación Luis Seoane e Fundación Otero Pedrallo. Do 18 de Novembro ó 3 de Decembro de 2005, unha chea de músicos, poetas, performers...nunha chea de actos en diferentes escenarios.
Nós actuamos primeiro na Fundación Wenceslao Fernández Flórez e logo na Fundación Laxeiro.
Da tarde-noite da Wenceslao lembramos a "calurosa" acollida, todos na cociña da casa ó redor dunha mesa chea de doces e licores feitos polos "caseiros" da Fundación. Noite espectacular con Carlos de Santiago, Carlos Quiroga, Yolanda Castaño, Ig e Antón Lopo.
Cando chegou o momento, deixounos tirado a proxección de video e tivemos que improvisar.


Actuación de nonouedicións na Fundación Laxeiro "facer Merzbau non ou posible".
2 - 12 - 2005
Captura de imaxes do video de TRANSLITTERA elaborado por Rafa Xaneiro.

Xarabal do Roncudo


Do 2 ó 7 de abril de 2007. Organizado pola asociación de Asociacións “Ramboias Periféricas” e convidados pola asociación "Axvalso", en Corme. Semana cultural autoxestionada. Cultura do mar, talleres de improvisación e sonoros, música, performance, poesía, grafitti...

Actuación de nonouedicións na lonxa de Corme

Lucia Aldao, Maria Lado,Ig, Mig seoane, Xurxo Troncoso, Suso Bahamonde, Gon Bahamonde, Noelia Lema, Cris Werthman, Paco Souto, Xan de Vimianso, Suso Lista, nonouedicións...
Festa e arte mixturados no Pub Laos e na Lonxa de Corme.


Critica de "facer Merzbau non ou posible?" no Diario Cultural da Radio Galega por Maria do Cebreiro





Presentación do libro e actuación na Galería Sargadelos de Coruña
No lugar:

xente, amigos
esculturas do estudo "El grito"
nonouedicións actuando, movéndose no espazo e pegándo pegatinas
arrincadas fondas e rumbitas mestizoantropolóxicas de Xoan Creus 

Imaxes da presentación do libro na Galería Sargadelos ó 15 de xuño de 2007
(imaxes sacadas do artigo de Alberto Ferreiro no blog "O levantador de minas")





No hay comentarios: