(1) Xoves 26 de Maio ás 20:30 no dadodá Madamme Cell presenta CD música e Poemas (2) poesía músicoxestual e (3) Facer merzbau non ou posible?

(1) Madamme Cell "Licenciado en Humano"
*ver videomusical do autor en: http://vimeo.com/album/1599928

Xoves 26 de Maio ás 20:30 presentación en concerto de Cd de música con poemas do autor e ilustracións orixinais de David Creus. Anímate a vir, escoitar en directo a Madamme Cell e a participar, se ques, con textos, danza, ou o que queiras nunha xornada de improvisación-expresión.
"Licenciado en Humano" é un magnífico disco de piano con sorpresas diversas. Podes adquirilo enviando a túa petición ao seguinte enderezo eléctrónico nonouedicions@gmail.com (prezo: 10 euros) ou ben, na librería do CGAC (15 euros). Lembrámoste que a política de nonou consiste en publicar artiluxios onde o autor ten todos os dereitos sobre a obra e o 50 por cento dos beneficios da venda, quedando o outro 50 por cento en depósito para o apoio a novas produccións inclasificabeis e de dificil acceso.
* Tamén podes escoitar algún dos temas premendo neste mesmo blog no apartado "Ligar con" Madamme Cell


portada cd




cartón contra á portada





cd









folleto-textos (A)






folleto-textos (B)






(2). Poesía musicoxestual.

Artiluxio editorial de ariel ninas , benxamín otero, e nonoumusic (David Creus e Estevo Creus) para unha acción no Ultramarinos. O obxeto editado é un cartaz con poemas inéditos dos participantes, 3 temas musicais , un video ou móbil, e algunha cousa en cousa. Facendo todosentodo.



vide ou móbil





cartaz





datos cd music






Para adquirir obxeto orixinal contacte con nonouedicions@gmail.com. Prezo: 5 euros + gastos de envío.

isto si é un poster
creusninas: a parte dunha cousa que se alimenta da esacta mesma parte da creusnina ou corre. *e se non me deteño e dou un salto e me deteño e salto?. ninacréusa: figura non literaria similar ao estado de repouso dunha anacrusa que anda. *O que empeza en pé zado.benxaninas: sustancia primixenia que define o elemento omitido dun universo que falta. *dise do que non se di. benxa!creusas : imán. presión espaciotemporal existente en calquera ligadura.* ben-xa! ou (apárése)





ideolóxicas

e se todo é una selva, por que falta?
non ou edicións é un proxecto alternativo de edición de . A difusión das súas propostas lévase a cabo mediante a transmisión directa de eventos (non) ou mediante contactos-boca. Participamos do movemento biolóxico á hora de xenerar ideas e da expontaneidade e o erro como productos idispensables para a creación de universos. Partimos da observación da natureza para estarmos esperanzados de que entre tanto kaos e tanto erro algún lugar precioso “apareza” ou pereza. cremos que no eido da creación un mal discurso pode facer que emerxa perceptivamente, ou como carne, aquelo do que carece. Isto é,( a carencia), o que moitas veces procuramos: solidificar ou facer emerxer no perceptor “os posibles que faltan”.


















(2) Facer Merzbau non ou posible?




Libro de poesía e videocreación de David e Estevo Creus
Libro + DVD + Autocolantes = 10 €

Dispoñible contactando con nonouedicions@gmail.com e nos seguintes puntos de venda:

Santiago: CGAC, Librería Couceiro, A Palabra Perduda, Follas Novas
Coruña: Tenda Sargadelos
Ferrol: Librería Central Librera


videopegadas



Pequena mostra de autocolantes